Gastronomia de Galicia 

Licor de Herbas

Licor de herbas de Galicia

Elaborado a partir de augardentes amparadas na D.X. Augardente de Galicia e alcohol etílico de orixe agrícola, mediante maceración e destilación do alcohol xunto ás herbas que o caracterizan.

O licor de herbas de Galicia deberá posuír un contido en azucres mínimo a 100 g/l. A súa graduación alcohólica oscila entre os 15º e 40% volume.

Na mestura de alcohois, o contido mínimo de augardente acollida á D.X. Augardente de Galicia será do 50% do total do alcohol absoluto.

sumario

relacionados

 

Información seleccionada pola Academia Galega de Gastronomía 

<< retorno