Gastronomia de Galicia 

Augardente de Herbas

Augardente de Herbas

Denominación local: Augardente de herbas

Descrición:

Elaborada a partir de augardentes amparadas na Denominación Xeográfica Augardente de Galicia, mediante maceración e destilación do alcohol mesturado coas herbas que a caracterizan.

Calidade:

Para a augardente de herbas está prohibida a adición de aromas e/ou preparacións aromatizantes, extractos ou esencias de calquera tipo. A coloración poderá completarse con colorantes autorizados.

Para poder facer uso do nome da Denominación, as empresas deberán inscribirse nos rexistros do Consello Regulador. Existe un rexistro de produtores de subprodutos de vinificación, outro de destiladores, de locais de envellecemento e de embotelladores.

Este produto resulta moi dixestivo e apropiado para tomar despois dunha abundante comida.

sumario

relacionados

festas

  • Festa da Queimada do Castro· Sada (A Coruña)·última fin de semana de agosto

 

Información seleccionada pola Academia Galega de Gastronomía 

<< retorno