Gastronomia de Galicia 

Pemento

Pementos de Galicia

Denominación local: Pemento

Introdución:

Na actualidade existen en Galicia 8 tipos de pemento autóctonos ben diferenciados: Herbón, Couto, Arnoia, Oímbra, Branco Rosal, Punxín, Piñeira e Mougán. Os catro primeiros pendentes dunha denominación de calidade (D.O.P. ou I.X.P.).

Estudos realizados recentemente sobre o pemento, destacan que Galicia consome máis de 5 veces a cantidade de pementos que produce.

Descrición:

A planta é unha herbácea perenne, con ciclo de cultivo anual de porte variable entre os 0,5 metros (en determinadas variedades de cultivo ao aire libre) e máis de 2 metros (gran parte dos híbridos cultivados en invernadoiro).

O talo principal é de crecemento limitado e erecto. A partir de certa altura ("cruz") emite 2 ou 3 ramificacións (dependendo da variedade) e continua ramificándose de forma dicotómica ata o final do seu ciclo (os talos secundarios bifúrcanse despois de xermolar varias follas e así sucesivamente).

A folla é enteira, pelada e lanceolada, cun ápice moi pronunciado (acuminado) e un pecíolo longo e pouco aparente. O feixe é glabro (liso e suave ao tacto) e de cor verde máis ou menos intensa (dependendo da variedade) e brillante.

As flores aparecen solitarias en cada nó do talo, con inserción nas axilas das follas. Son pequenas e constan dunha corola branca.

O froito é unha baga oca, semicartilaxinosa, deprimida e de cor variable (verde, vermello, amarelo, laranxa, violeta ou branco); algunhas variedades van pasando do verde ao alaranxado e ao vermello a medida que van madurando. O seu tamaño é variable, podendo pesar dende escasos gramos ata máis de 500 gramos. As sementes encóntranse insertas nunha placenta cónica de disposición central. Son redondeadas, lixeiramente reniformes, de cor amarela pálida e lonxitude variable entre 3 e 5 milímetros.

<< retorno