Gastronomia de Galicia 

Perdiz

Denominación local : Perdiz vermella (Alectoris rufa)

Introdución:

A perdiz rubia é unha das especies paradigmáticas de caza menor en España e tamén en Galicia, aínda que no noso territorio presenta unha distribución irregular, máis abundante nas provincias de Ourense e Lugo e máis escasa nas comarcas atlánticas de Pontevedra e da Coruña.

Non existe dimorfismo entre os dous sexos e distínguense os machos das femias a partir dos cinco meses de idade polo esporón que teñen nas patas. Teñen un canto moi característico a través do cal manifestan a súa linguaxe. Distínguense varios cantos, dependendo de están en celo, marcando o territorio, se observan algún perigo, etc.

Son monógamas, e en catividade adoitan presentar problemas para a cría natural se non dispoñen dunhas instalacións limpas e están moitos exemplares xuntos.

Descrición:

A perdiz pertence á orde das galináceas e á familia dos fasiánidos. A coroa é gris no peteiro e castaña no resto. O pescozo é branco, cunha franxa negra do colar sen colgar.

Nos flancos ten unha soa lista transversal e as súas plumas son de cor gris azulado, branco intenso, negro puro ou marrón escuro.

A plumaxe e a cor que a caracteriza cambia segundo a idade e o sexo.

<< retorno