Gastronomia de Galicia 

Tenreira Galega

Denominación local: Tenreira Galega

Introdución:

Unicamente ten a consideración de tenreira galega e, xa que logo, goza da Indicación Xeográfica Protexida, o gando das razas Rubia Galega, Morena do Noroeste, os cruzamentos entre elas e os cruzamentos en primeira xeración de machos das razas citadas con femias de razas Frisoa e Pardo Alpina.

Descrición:

Malia seren catro as razas protexidas, cómpre salientar a raza Rubia Galega como a xenuinamente autóctona da zona noroeste peninsular. A Rubia Galega ten un formato de tipo medio e proporcionado; tórax profundo, longo e arqueado; dorso e lombos anchos, planos e musculados; coxas, nádegas e patas convexas e longas; esqueleto robusto, forte e ben desenvolvido.

Todas estas condicións coinciden coa conformación xeral longa, profunda, con ampulosidade e anchura dos animais especializados en produción cárnica. Pel pouco abundante, pelo curto e mucosas rosadas. A cor é fundamentalmente rubia trigueira ou canela, e é unha raza cun alto índice de fertilidade.

A carne procedente destes animais terá unha cor rosa claro, con graxa de cor branco anacarado e de distribución homoxénea; músculo de gran fino, de consistencia firme e lixeiramente húmido.

Sumario

<< retorno