Gastronomia de Galicia 

Capón de Vilalba

Denominación local : Capón de Vilalba

 

Introdución:

A produción do capón de Vilalba comeza, concretamente, cunha escolma dos mellores machos. Cando teñen entre 1 e 1,5 kg de peso e de 45 a 60 días de vida son castrados cirurxicamente e déixanse descansar uns días sen saíren ao campo. Este é o proceso máis crítico de todo o proceso de cría. Unha semana despois saen ao aire libre para comezar o seu engorde.

Aliméntanse de forma natural a base de cereais, ademais do verde, insectos e larvas que encontran ao aire libre. Isto, xunto coa actividade física, favorece o desenvolvemento muscular, o que lle dá unha coloración máis escura á súa carne e un sabor máis agradable.

O proceso remata cunha ceba totalmente artesanal, adquirindo grazas a iso unha carne máis saborosa e unha cor de pel dourada.

Descrición:

O Regulamento (CE) Nº 543/2008 da Comisión define o capón como un polo macho castrado cirurxicamente antes de acadar a madureza sexual e sacrificado a unha idade mínima de 140 días; unha vez castrados, os capóns deberán pasar un período mínimo de engorde de 77 días.

Álvaro Cunqueiro describiu o capón de Vilalba como "más bien corto, salido de nalga y de pecho redondo, y tiene el cuello alargado por el trasiego cotidiano del espeso condumio ".

Sumario

receitas

Festas

  • Feira do Capón en Vilalba· Vilalba (Lugo)· 18 de decembro

 

Información seleccionada pola Academia Galega de Gastronomía 

<< retorno