Gastronomia de Galicia 

Rapante

Rapante

Foto cedida por Pescaderías Coruñesas

Rapante. (Lepidorhombus boscii)

Coñecido en Galicia cos nomes de rapante de manchas, ollón, rapapelo ou meiga.

Introdución:

É un peixe branco, plano, con forma alongada e pel fina con manchas sobre os últimos raios das aletas dorsal e anal. Os ollos están situados no lado esquerdo do corpo e a parte inferior da boca é moi prominente. Habitualmente a súa cor é parda clara con manchas e o ventre branco.

Vive en fondos de area ou lama, situados entre os 100 e 400 m de profundidade, e aliméntase de pequenos animais mariños.

Nos nosos mercados hai unha gran demanda de rapantes que son capturados con arrastre. Pódese pescar con arrastre do día en augas próximas a Galicia, aínda que o seu principal caladoiro está no Gran Sol, e hai gran diferenza entre os do día e os capturados neste caladoiro.

Descrición:

Corpo ovalado alongado. Boca moi grande e moi oblicua. Mandíbula inferior lixeiramente prominente. Ollos de lado esquerdo moi xuntos, cun diámetro que é superior á lonxitude do morro. Ollo superior ao nivel do ollo inferior. A orixe da aleta dorsal está moi preto do morro. A aleta dorsal e anal rematan no nacemento da cola.

De cor marrón esbrancuxada, sen marcas definidas sobre a cabeza e corpo, pero con dúas manchas escuras sobre a parte posterior da aleta dorsal e da anal.

 

sumario

 

Publicacións seleccionadas pola Academia Galega da Gastronomía

<< retorno