Gastronomia de Galicia 

Rodaballo

Rodaballo

Foto cedida por Pescaderías Coruñesas

Rodaballo. (Psetta maxima)

Coñecida en Galicia co nome de rodaballo ou rodo (o pequeno).

Introdución:

O rodaballo é un peixe de forma plana, característica que lle permite camuflarse nos fondos mariños. Ao ser un peixe plano, os seus ollos son de pequeno tamaño e sitúanse no lado esquerdo. Ten forma de rombo e a súa pel carece de escamas; non obstante, posúe gran cantidade de protuberancias por toda a súa cara dorsal. A súa carne é compacta e branca.

Habita camuflado no fondo a profundidades entre 10 e 100 m. Pode chegar a vivir ata 30 anos. Aínda que de carácter tranquilo, é extremadamente voraz; aliméntase de todo o que atopa debaixo da area, como ameixas, crustáceos ou invertebrados que tritura con facilidade coa súa poderosa mandíbula.

Actualmente cultívase nalgunhas zonas de España, sobre todo en Galicia. O engorde faise tanto en instalacións de terra firme como preto da costa en gaiolas. É alimentado a base de pensos, pero non por iso deixa de posuír unha excelente calidade. É doado de distinguir por ter unha tonalidade verdosa máis escura e unha frescura superior.

Descrición:

O rodaballo, da familia dos escoftálmidos, é un peixe plano. Ten forma case de rombo, cabeza relativamente grande, ollos sobre o lado esquerdo, relativamente afastados ao aparecer unha crista ósea entre ambos os dous, e mira cara á esquerda. Boca grande e mandíbula inferior prominente con dentes pequenos e aguzados.

A aleta dorsal arranca por diante do ollo e remata no pedúnculo da cola. A pectoral da cara ocular é de maior tamaño ca a da cara cega, e a caudal é moi redondeada. Cara dorsal en varias cores, de agrisado a castaño avermellado ou marrón, dependendo do fondo onde vive, con algunhas escamas transformadas en tubérculos óseos. Liña lateral ben desenvolvida sobre os dous lados, describindo unha curva acentuada por riba dos pectorais.

Sumario

 

Publicacións seleccionadas pola Academia Galega da Gastronomía

<< retorno