Gastronomia de Galicia 

Mero

Mero

Foto cedida por Pescaderías Coruñesas

Mero. (Epinephelus marginatus)

Coñecido en Galicia co nome de mero escuro.

Introdución:

É un peixe de gran tamaño, algo menor que a cherna. Moi apreciado pola súa boa carne. Son carnívoros e aliméntanse de toda clase de crustáceos, peixes e moluscos.

Habita nas zonas rochosas nas que abundan as furnas e buratos. Adóitase encontrar a partir de 10 m de profundidade. O mero acostuma a vivir illado nun territorio fixo no que dispón de numerosos escondedoiros nos que desaparece ao se sentir ameazado.

Descrición:

É un peixe de corpo ovalado cos lados aplanados. Presenta espiñas na orella. A cabeza é grande, igual ca a súa boca, cun fociño ancho, labios moi grosos e mandíbula inferior algo saínte. A cor é escura, entre verde e marrón, con pintas máis claras en tons verdosos, amarelos ou brancos. A parte inferior é amarelenta.

Ten unha soa aleta dorsal con 11 espiñas e presenta un escote claro entre os raios espiñentos e brandos, cun rebordo de cor laranxa. As demais aletas teñen o bordo azul claro. Ten tamén unha aleta anal con 3 espiñas e unha aleta caudal moi redondeada.

 

Sumario

 

Publicacións seleccionadas pola Academia Galega da Gastronomía

<< retorno