Gastronomia de Galicia 

Robaliza

Robaliza en Galicia

Foto cedida por Pescaderías Coruñesas

Robaliza. (Dicentrarchus labrax).

Coñecida en Galicia cos nomes de robaliza ou róubao (os grandes).

Introdución:

A robaliza é un peixe branco. Ten un corpo longo, ovalado e esvelto con aletas dorsais separadas. De cor prateada-gris no dorso e máis clara nos lados e o ventre. A cabeza é longa e a boca grande, propia dun gran depredador.

Vive sobre todo tipo de fondos (areentos ou rochosos) e o seu hábitat varía dende a superficie ata os 100 metros de profundidade.

Aliméntase de crustáceos, vermes, peixes, pequenos polbos, ourizos de mar, outros animais mariños e algas.

Descrición:

A silueta da robaliza é alongada e esvelta e mide entre 10 cm e 1 m.

Na súa cabeza atoparemos unha prominente mandíbula con labios carnosos e unha boca repleta de dentes, situados sobre os maxilares, nos ósos da bóveda do padal e mesmo, ás veces, na lingua e nos ósos farínxeos.

Na parte posterior da membrana que protexe as galadas, chamado opérculo, conta con dúas espiñas e unha mancha de cor parda escura característica desta especie.

O dorso, prateado en tons grises e azuis, presenta dúas aletas dorsais case xuntas; a primeira delas formada de espiñas. A aleta caudal é lixeiramente escotada, é dicir, ten forma de "V". O ventre, de cor máis clara que o dorso, case branco, tamén loce irisacións prateadas e nel sitúanse as súas aletas pélvicas torácicas.

Sumario

receitas

Publicacións seleccionadas pola Academia Galega da Gastronomía

<< retorno