Gastronomia de Galicia 

Congro

Congro en Galicia

Foto cedida por Pescaderías Coruñesas 

Congro. (Conger conger)

Coñecido en Galicia tamén co nome de anguiacho ou correolo (cando son pequenos).

Introdución:

Pertence á familia das anguías. Ten o corpo alongado, cilíndrico, cun ton azulado e unha gran boca. Non ten escamas e pode chegar a medir tres metros e superar os 50 quilos peso. Vive sobre fondos rochosos e aliméntase de peixes, crustáceos e especialmente chocos e polbo. Reprodúcese no verán. Considérase un peixe branco.

É un peixe típico da pesca de baixura. Captúrase fundamentalmente con palangre e liña. De pequenos non teñen ningún valor gastronómico xa que todo é espiña.

Descrición:

O congro ten aspecto serpentino, co corpo subcilíndrico, alongado e comprimido cara á cola. O seu corpo está recuberto dunha pel grosa e mucosa, extremadamente lisa e brillante, carente de escamas. Ten a cabeza grande, con ollos redondos e grandes, ata os que chega a súa gran boca, poboada con fortes mandíbulas e armada de pequenos dentes aguzados, dispostos en múltiples ringleiras, que se estenden ata o padal.

A coloración da pel é uniforme e sen manchas; cambia do gris chumbo ao pardo escuro, ao verdoso ou ao branco prateado, cos que logra un perfecto mimetismo no seu hábitat. As partes dorsais son máis escuras que as ventrais.

Sumario

Festas

  • Festa do Congro· Muxía (A Coruña)· Venres Santo

 

Publicacións seleccionadas pola Academia Galega da Gastronomía

<< retorno