Gastronomia de Galicia 

Caramuxo

Caramuxo

Foto cedida por Pescaderías Coruñesas

 

Caramuxo. (Littorina littorea)

Coñecido en Galicia co nome de mincha, caramela ou bígaro (na zona próxima a Asturias).

Introdución:

É un caracol mariño cunha cuncha helicoidal que apenas acada os 20 mm. A súa cor é negra, fóra do orificio de entrada que é de cor branca. Vive no medio das rochas e aliméntase de algas. Ten unha membrana dura que o protexe totalmente do exterior. Aínda que sorprenda, a captura desta especie tamén está sometida ao control de tamaños mínimos e aos plans de explotación marisqueira.

Descrición:

É un molusco gasterópodo, univalvo que pertence á familia dos Littorinidae. De cuncha bastante cónica, duns 3 cm de alto e con ápice aguzado. As dúas últimas voltas de espiral son grandes, con escultura superficial nas especies novas e menos marcada nos adultos. Columna branca. Labio externo tanxencial á última espira. Opérculo córneo no pé que pecha a cuncha hermeticamente en períodos de desecamento. Cor agrisada, ás veces pardenta, con liñas concéntricas escuras e máis claras no ápice. Tentáculos con bandas transversais negras e unha lonxitudinal ventral.

                                              

sumario

festas

 

Publicacións seleccionadas pola Academia Galega da Gastronomía

<< retorno