Gastronomia de Galicia 

Lagostino

Langostino

Foto cedida por Pescaderías Coruñesas

Lagostino. (Nephrops norvegicus)

Coñecida en Galicia co nome de Cigala, Lagostino.

Introdución:

O lagostino é un crustáceo decápodo, corpo alongado duns 20 a 25 cm de lonxitude e pinzas longas e espiñentas. A súa cuncha é de cor rosa con acentuacións avermelladas e manchas brancas. A cabeza é longa e os seus ollos teñen forma de ril.

Ten comportamento nocturno e aliméntase principalmente de moluscos, bivalvos e peixes mortos que tritura coas súas dúas pinzas dianteiras. Vive en fondos brandos, de 50 a 700 m de profundidade, segundo a temperatura.

O nome galego tradicional é lagostino, pero coa introdución, como conxelado e de xeito masivo, da especie que en castelán recibe o nome de langostino, estase a desprazar a forma tradicional pola de cigala. É un crustáceo que resiste algún tempo fóra da auga, polo que é frecuente encontralo vivo nos puntos de venda.

Descrición:

O seu corpo é alongado. As pinzas son longas e espiñentas. A cuncha, con costelas e espiñas, de cor rosada, con acentuacións avermelladas e manchas brancas. A cabeza é longa con catro espiñas laterais e dúas ventrais, chamadas carenas ou cristas lonxitudinais. Os ollos son de córnea negra e moi inchada. O primeiro par de patas ten pinzas lixeiramente desiguais, longas e delgadas. O segundo e terceiro par tamén teñen pequenas pinzas.

 

sumario

festas

 

Publicacións seleccionadas pola Academia Galega da Gastronomía

<< retorno