Gastronomia de Galicia 

Zamburiña

Zamburiña

Foto cedida por Pescaderías Coruñesas

  

Zamburiña. (Chlamys varia).

Coñecida en Galicia cos nomes de pateliña e samoriña.

Introdución:

É un molusco bivalvo que, ao igual que a vieira e a voadora, pertence á familia dos pectínidos. É de cor violácea escura e non supera, normalmente, os seis centímetros de longo.

Vive na costa ata os 80 metros de profundidade, onde se alimenta de fitoplancto e partículas orgánicas en suspensión. Habita en augas do océano Atlántico e do mar Cantábrico e Mediterráneo.

Descrición:

Posúe dúas valvas desiguais, sólidas e ovaladas, agás na zona das orellas. A superficie externa encóntrase esculpida por de 25 a 35 costelas prominentes, provistas de espiñas ou laminiñas encrespadas, que están máis desenvolvidas preto das marxes.

As liñas de crecemento son polo xeral claras. As orellas tamén presentan costelas e fortes dobreces entre a rañura bisal e a cima da cuncha. A marxe é moi acanalada, e coincide coas costelas.

A cor é moi variable: branco, rubio, rosado alaranxado, amarelo, verde escuro, marrón ou púrpura, ás veces con debuxos e sombras irregulares.

 

                                                   

Sumario

 

Publicacións seleccionadas pola Academia Galega da Gastronomía

<< retorno