Gastronomia de Galicia 

Santiaguiño

Santiaguiño

Foto cedida por Pescaderías Coruñesas

Santiaguiño. (Scyllarus arctus).

Coñecido en Galicia tamén cos nomes de parapeto, escachanoses, urilo e tacatá.

Introdución:

O santiaguiño é un crustáceo apreciado pola exquisitez das súas carnes. O seu nome provén da figura que se forma no dorso da cuncha, que recorda á cruz de Santiago. O seu corpo é aplanado e gordo, de cor parda escura e avermellada. Presenta unhas antenas anchas e planas en forma de paleta.

Vive en zonas rochosas ou en sitios pedregosos a partir dos 3 m e ata os 50 metros de fondo. O santiaguiño podería ser o marisco máis emblemático do mar de Galicia, pero está moi esquilmado. Pódese capturar unicamente con control estrito no mes de xullo. Péscase con nasas ou con trasmallos.

Aliméntase de moluscos e pequenos organismos.

Descrición:

O seu corpo é robusto e aplanado. De cor parda escura e avermellada, as unións dos segmentos abdominais son de cor máis intensa.

Posúe dous pares de antenas anchas e planas en forma de pa e dez patas. As patas marchadoras non posúen pinzas, fóra das femias, que no quinto par teñen unhas pinzas alongadas. Ten oito pares de apéndices torácicos. Os tres primeiros pares son mandibulares e os últimos forman parte da cola.

 

                                                 

Sumario

 

Publicacións seleccionadas pola Academia Galega da Gastronomía

<< retorno