Gastronomia de Galicia 

Polbo

Polbo

Foto cedida por Pescaderías Coruñesas

      

Polbo. (Octopus vulgaris).

Coñecido en Galicia cos nomes de polbo ou polbo da pedra.

Introdución:

É un molusco cefalópodo de oito brazos e cabeza grande, baixo a que agocha unha boca con forma de "bico de papagaio", dura e da que se vale para comer nécoras, cangrexos, etc. Ten dúas ringleiras de ventosas nos tentáculos pola súa cara interna, o que o diferencia do polbo cabezón. Vive preto das costas, en profundidades inferiores aos 200 m e é de hábitos nocturnos. A forma máis utilizada para capturalo é unha nasa especialmente deseñada para o polbo. Aínda que tamén entra nas nasas da nécora. Dende terra péscase cunha arte chamada raña.

Estes animais poden mudar, de forma moi rápida, a cor e a textura da súa pel, mimetizándose co fondo.

Descrición:

Posúe oito tentáculos fortes con dúas ringleiras de ventosas. Os tentáculos están situados arredor da boca, unidos entre si por unha membrana, sendo o primeiro par máis curto ca o resto. Na cabeza sitúanse uns ollos moi desenvolvidos, o cerebro e tres corazóns. No manto sitúase o depósito de tinta, que expulsa para evitar ataques.

 

                                    

Sumario

receitas

festas

  • Festa Gastronómica de Interese Turístico de Galicia: Festa do Polbo do Carballiño (Ourense)· segundo domingo de agosto.
  • Festa Gastronómica de Interese Turístico de Galicia: Festa do Polbo en Mugardos (A Coruña)· mediados de xullo. 

 

Publicacións seleccionadas pola Academia Galega da Gastronomía

<< retorno