Gastronomia de Galicia 

Ostras

Ostras

Foto cedida por Pescaderías Coruñesas

Ostra. (Ostrea edulis)

Coñecida en Galicia tamén co nome de ostra plana.

Introdución:

A ostra é un molusco bivalvo que presenta unha das súas cunchas dura e de superficie escamosa. A súa cor habitual sitúase entre branca, marrón ou púrpura.

É fundamental que vivan en augas limpas, xa que a súa alimentación se realiza a partir do plancto que se encontra disperso pola auga e que levan ata a boca, para filtrala. Esta filtración realízase mediante unha serie de cilios cos que realiza uns movementos respiratorios, chegando a penetrar pola cuncha máis de 160 litros por día.

Descrición:

É un molusco bivalvo. Presenta unha forma que tende a ser redondeada. As súas valvas son moi desiguais entre si; a esquerda é cóncava e é coa que a ostra se fixa ao substrato, mentres que a dereita é máis plana e fai de tapa. A superficie das valvas é escamosa, debido ás diversas estrías concéntricas producidas polo crecemento. O interior das valvas é esbrancuxado brillante.

                                                   

Sumario

receitas

festas

  • Festa gastronómica de interese turístico de Galicia: Festa da Ostra de Arcade (Soutomaior-Pontevedra) · primeiro fin de semana de abril

 

Publicacións seleccionadas pola Academia Galega da Gastronomía

<< retorno