Gastronomia de Galicia 

Nécora

Nécora

Foto cedida por Pescaderías Coruñesas

  

Nécora. (Nécora púber).

Coñecida en Galicia tamén cos nomes de nacra, andariña, andarica ou lavañeira.

Introdución:

Se a nécora é de Galicia, a súa cuncha é hexagonal, de cor marrón e peluda. No macho o abdome é triangular. Na femia é máis ancho e redondeado. Ten cinco pares de patas e nas dúas primeiras ten unhas pinzas.

Vive nas furnas que forman as rochas preto da costa e en zonas areento-lamacentas como as bateas, ata profundidades non superiores a 70 m. Captúranse de noite con nasas, con trasmallo ou bou de vara. É un animal de costumes nocturnos. Vive agochado durante o día e pola noite sae á procura de alimentos. Aliméntase de algas, peixes pequenos e mortos e practica o canibalismo.

Hai que ter en conta que está suxeita a vedas e que, polo tanto, está prohibida a súa captura e a venda de nécoras con ovos.

Descrición:

A súa cuncha é convexa e de aspecto peludo ao tacto, igual que os seus apéndices. É de cor parda escura. Os apéndices abdominais ocultos baixo o abdome son empregados pola femia para levar a posta. Posúe cinco pares de patas torácicas, cunhas bandas de cor negra moi características; o primeiro par, transformado en pinzas robustas. O 2º, 3º e 4º son iguais e máis longas que as primeiras, rematadas en uña. O 5º par, en forma de remo, ten capacidade natatoria. Ten dous pares de antenas e os seus ollos son de cor vermella.

                                               

Sumario

festas

 

Publicacións seleccionadas pola Academia Galega da Gastronomía

<< retorno