Gastronomia de Galicia 

Navalla

Navalla

Foto cedida por Pescaderías Coruñesas

Navalla. (Ensis ensis)

Coñecida en Galicia tamén cos nomes de anguillolo, carallete, longueirón novo.

Introdución:

É un molusco bivalvo. Teñen unha superficie brillante coma se estivese vernizada. As valvas son alongadas e arqueadas, en forma de navalla.

Entérrase verticalmente na area e deixa unha marca característica na superficie en forma de oito. Polo xeral fano dentro das rías. Son máis escasas que o longueirón e normalmente veñen mesturadas con este. Aliméntanse de plancto, que incorpora ao seu organismo a través de branquias.

Captúranse, fundamentalmente, por submarinismo ou mergullándose a pulmón. Tamén co sistema tradicional de lles botar sal no burato. Están reguladas polos Plans de Explotación Marisqueira de Galicia e a súa carne é moi apreciada, sobre todo se se consome fresca, aínda que tamén se pode degustar en conserva.

Descrición:

A súa cuncha é alongada, rectangular e moi fráxil. A marxe dorsal e a ventral son curvas e os extremos están abertos. As valvas son alongadas, de forma semellante á dunha navalla. Presentan unha serie de estrías verticais e horizontais moi finas. A súa cor vai do branco ao marrón claro, tamén con bandas marróns ou avermelladas.                                         

Sumario

festas

  • Festa gastronómica de Interese Turístico de Galicia: Festa de Exaltación do Marisco · O Grove (Pontevedra) · Segundo domingo de outubro
  • Festa do Logueirón en Fisterra (A Coruña)· Primer domingo de agosto
  • Festa do Percebe e a Navalla en Cangas do Morrazo (Pontevedra)· Mediados de agosto

 

 

Publicacións seleccionadas pola Academia Galega da Gastronomía

<< retorno