Gastronomia de Galicia 

Lagosta

Lagosta de Galicia

Foto cedida por Pescaderías Coruñesas

 

Introdución:

Presenta unha cuncha robusta, de cor vermella ou violeta parda e con manchas amarelas simétricas sobre o abdome. Na cabeza ten moitas espiñas e unhas antenas moi desenvolvidas.

Habita en fondos rochosos. Tarda entre catro e cinco anos en acadar a madureza e alcanzar un tamaño de 20 cm. Isto, e o esforzo pesqueiro ao que se someteu, provocou que nas costas galegas sexa moi escasa.

Aliméntase de crustáceos, moluscos, algas, restos orgánicos e vermes.

Normalmente mantéñense vivas en cetarias ata que chega a época de máis demanda. As capturas realízanse case de forma artesanal con nasas especiais.

Descrición:

A cabeza ou cefalotórax é espiñenta e o rostro pequeno, no que destacan dous ollos protuberantes protexidos por cadansúas proxeccións espiñentas. Ten cola en forma de abano. As femias teñen patas marchadoras no quinto par; os machos non.

O seu corpo é de cor vermella parda ou marrón con manchas amarelas no abdome, patas e antenas. Os exemplares novos teñen unha banda lonxitudinal amarela na parte superior do corpo. A súa cola está fortemente musculada, o que lle permite nadar. É precisamente a cola a parte máis prezada na gastronomía. As antenas son máis longas ca o seu corpo.

Sumario

Festas

  • Festa gastronómica de Interese Turístico de Galicia: Festa de Exaltación do Marisco · O Grove (Pontevedra) · Segundo domingo de outubro
  • Festa da langosta e da cociña mariñeira· A Guarda (Pontevedra) · Primeira semana de xullo

 

Publicacións seleccionadas pola Academia Galega da Gastronomía

<< retorno