Gastronomia de Galicia 

Centola

Centola

Foto cedida por Pescaderías Coruñesas

  

Centola. (Maja squinado)

Coñecida en Galicia co nome de moelo, pateiro, carrapetos, bruños (as pequenas).

Introdución:

A cuncha da centola é triangular por diante e case redonda pola zona de atrás. Está cuberta de espiñas e no bordo dianteiro presenta dúas puntas máis fortes. Posúe cinco pares de patas duras e longas. A súa cor é dun vermello pardo e a galega é máis escura que a francesa. A das nosas rías caracterízase, ademais, por ter a cuncha cuberta de pequenas algas e esponxas.

Vive na costa en fondos rochosos ou areentos de ata 50 metros de profundidade.

Disque a centola é "falsa", xa que pode saír baleira e só os expertos saben escollela. Segundo estes, o mellor método é observar os dous buratos que ten agachados no abdome: se están inchados é que está chea. Outra forma de comprobación consiste en ver se a vea que ten debaixo da lingüeta, que distingue o macho da femia, está branca e chea. Se é así, é que está chea. O período con máis garantía comeza en febreiro, a pesar de que, por razóns comerciais, se permite a súa captura antes do Nadal.

Descrición:

De cor vermella escura, o seu corpo é groso e con forma redondeada. Presenta dúas espiñas robustas na zona frontal. A súa cuncha é rugosa, con pequenas protuberancias e esta cuberta de peluxe, espiñas agudas e sedas de tamaño variable.

Os ollos son retráctiles e móbiles. Posúe cinco pares de patas torácicas, longas, delgadas e peludas. As dúas primeiras posúen pinzas non moi desenvolvidas e son alongadas e do dobre de lonxitude ca o corpo. Os catro pares restantes son progresivamente máis curtas e rematan en punta. O abdome é pequeno e está completamente dobrado baixo o cefalotórax. Nos machos é máis cativo, estreito e delgado. Nas femias é de maior tamaño, de forma ovalada e máis ancho e groso.

                                 

Sumario

Festas

 

Publicacións seleccionadas pola Academia Galega da Gastronomía

<< retorno