Gastronomia de Galicia 

Mexillón

Mexillón de Galicia

Mexillón. (Mytilus galloprovincialis).

Coñecido en Galicia tamén co nome de mexilón, mixillón, mixilón

Introdución:

Na actualidade, pasamos á moderna acuicultura onde o cultivo do mexillón, ou miticultura, se realiza en bateas (plataformas flotantes das que hai penduradas unhas cordas onde se adhiren os mexillóns), que se encontran situadas en zonas pouco profundas, como son as rías galegas. E é que Galicia é unha das maiores produtoras mundiais e, practicamente, a única que produce mexillón en España (99%), produción que se encontra englobada, dende o pasado mes de agosto, na Denominación de Orixe Protexida para o Mexillón de Galicia.

Externamente, a cuncha é de carbonato cálcico e está rodeada por unha capa de cor negra azulada onde se poden observar unhas liñas concéntricas, denominadas estrías de crecemento. Dentro da cuncha atopamos a súa carne, que ten unha cor alaranxada, máis escura no caso das femias; é branda e substanciosa, cun sabor a mar moi particular, característico dos crustáceos, xa que a metade do nitróxeno proteico que conteñen non está en forma de proteínas senón como aminoácidos.

Aliméntanse do plancto da auga filtrada, o que pode representar un problema se as augas onde viven non están limpas. Por iso, antes de se comercializaren, os mexillóns depúranse con auga de mar esterilizada.

Descrición:

O mexillón é un marisco bivalvo, que ten as súas dúas cunchas iguais con forma case triangular; a superficie é case lisa, de cor negra, presenta dous músculos adutores, anterior e posterior, cos que controla o cerramento das valvas. Na zona central sitúase o pé, co que se despraza en distancias curtas; na base do pé está a glándula reprodutora.

A carne do mexillón é de cor alaranxada ou avermellada, máis intensa nas femias ca nos machos. O mexillón das nosas costas, en estado salvaxe, acada unha lonxitude duns 8 centímetros, que é superada polos exemplares cultivados.

Sumario

receitas

Relacionados

Festas

  • Festa do Mexillón e Bereberecho en Vilanova de Arousa (Pontevedra)· 1ª quincena de agosto

 

Publicacións seleccionadas pola Academia Galega da Gastronomía

<< retorno