Gastronomia de Galicia 

Lura

Lura

Foto cedida por Pescaderías Coruñesas

 

Lura. (Loligo vulgaris).

Coñecida en Galicia co nome de lura.

Introdución:

É un cefalópodo brando e de cor branca rosada. Do manto sobresae unha grande aleta en forma de rombo. O seu corpo está cuberto de membranas mouras e, do mesmo xeito que a sepia, posúe unha bolsa de líquido negro coa súa característica tinta que solta cando se sente atacado, nadando velozmente en sentido contrario.

É un animal peláxico e gregario.  Forma numerosos bancos que percorren grandes distancias e realizan frecuentes desprazamentos en vertical. Aliméntase, sobre todo, a base de crustáceos e peixiños que atrapan cos seus longos brazos tentaculares, que dispoñen de dúas filas de ventosas.

Cando son novas, as luras reciben o nome de chipiróns, que reciben un tratamento culinario moi semellante ao da lura.

Descrición:

Cabeza grande e corpo esférico con dúas aletas laterais de forma romboidal e que miden 2/3 do tamaño do manto. Arredor da boca ten oito tentáculos con ventosas e dous contráctiles. As mandíbulas teñen forma de pico curvado. No seu interior teñen unha cuncha chamada pluma. De cor rosada branca con zonas máis escuras e púrpura na parte dorsal.

Dimensións:

Poden acadar un gran tamaño, aínda que o frecuente é un máximo de 50 cm e 2 kg de peso.

                                                

Sumario

festas

  • Festa do Choco en Redondela (Pontevedra)· Segundo domingo de maio

 

Publicacións seleccionadas pola Academia Galega da Gastronomía

<< retorno