Gastronomia de Galicia 

Boi de mar

fotografia do boi

Foto cedida por Pescaderías Coruñesas

   

Boi de mar. (Cancer pagurus).

Nome local: boi de altura, noco.

Introdución:

É un cangrexo de mar enorme e blindado, de cor vermella parda, contorno ovalado e armado de dúas poderosísimas pinzas. Vive en fondos areentos e de rocha, a unha profundidade que, dependendo do seu tamaño, pode chegar aos 100 m. É capaz, mesmo, de resistir os rompentes pola enorme forza das súas patas. Sobrevive ben fóra da auga, polo que o podemos encontrar vivo nos mercados do interior.

Descrición:

O seu corpo é ovalado e esmagado, máis ancho ca longo e con bordos dentados. Pinzas moi potentes. Cola ancha e redondeada na femia e aguzada no macho.

O seu colorido abrangue numerosos tons pardo-avermellados, dependendo da proximidade ao período de muda, cun ventre esbrancuxado e salpicaduras encarnadas. Na femia o abdome é moito máis avultado ca no macho. Das súas 10 patas, o primeiro par evolucionou ata se transformaren en grandes e fortes pinzas con tonalidades mouras na punta, de maior tamaño nos machos ca nas femias. Utilízaas para romper cunchas e outras cubertas. O resto das patas son máis pequenas, especialmente o último par.

                                               

Sumario

Festas

 

 

Publicacións seleccionadas pola Academia Galega da Gastronomía

<< retorno