Gastronomia de Galicia 

Lumbrigante

Lumbrigante

Foto cedida por Pescaderías Coruñesas

Lumbrigante (Homarus gammarus).
Nomes locais: Cereixo

Introdución:

É un crustáceo cunha cuncha cilíndrica, robusta e lisa. O seu abdome é máis longo ca a cuncha,  que remata nunha forte aleta caudal. É de cor negra azulada, salpicada con irisacións azuis e amarelas. Habita nas nosas costas en fondos rochosos, en profundidades comprendidas entre os 2 e 40 metros. Aliméntase de moluscos e peixes mortos e é ademais caníbal, razón pola que lle atan as patas nos viveiros. É un animal sedentario, que utiliza a noite para buscar alimento, con territorio demarcado propio.

Descrición:

É un crustáceo decápodo de corpo robusto e alongado e de coloracións verdosas, marróns, negras e azuis. A coloración vermella só aparece ao cocelos. Posúen 5 pares de patas das que destacan o primeiro par, que son pinzas desiguais grandes e fortes, case bulbosas, coas que tronzan e cortan. Na cabeza ten un par de antenas de cor vermella intensa, o tronco é liso, o abdome consta de 7 aneis e a cola ten forma de abano.

Son andadeiros como a lagosta e o lagostino, non nadadores como a gamba e o gambón.

Sumario

festas

 

 

Publicacións seleccionadas pola Academia Galega da Gastronomía

<< retorno