Gastronomia de Galicia 

Berberecho

Berberecho

Foto cedida por Pescaderías Coruñesas

Berberecho (Cerastoderma edule).
Nomes locais: Croque, crica, birbirichu, chícaro.

Introdución:

É un molusco bivalvo de cuncha grosa que habita en areais e baías, xa que pode soportar descensos de salinidade de ata o 5‰. Aliméntase de organismos vivos que filtra constantemente. As súas zonas de distribución son Atlántico, Mediterráneo, Mar Negro, Caspio e costa noroeste de África. Con todo, o berberecho fresco que máis abunda é o galego, sendo ademais dunha gran calidade. Extráese doadamente tanto a pé como a flote con rastros artesanais. O seu crecemento é rápido e acada o tamaño mínimo comercial de 28 mm en aproximadamente 1 ano.

Descrición:

Ten a cuncha ovalada, abombada, con forma de corazón cando está pechado. A superficie esta sucada por entre 22 e 28 raios moi marcados, coma un tellado, e é de cor branca parda. O interior é branco con manchas pardas.

Sumario

relacionados

Festas

  • Festa gastronómica de Interese Turístico de Galicia: Festa de Exaltación do Marisco · O Grove (Pontevedra) · Segundo domingo de outubro
  • Carballo-Baldaio (A Coruña)· 21 de agosto
  • Cee (A Coruña)· mes de agosto. Degustación gastronómica.

 

Información seleccionada por la Academia Galega de Gastronomía 

<< retorno