Gastronomia de Galicia 

Centro Superior de Hostalería de Galicia

Centro Superior de Hostelería de Galicia

Se o Camiño de Santiago abriu as portas de Galicia ao mundo hai centos de anos, a súa rica gastronomía e hospitalidade fixeron que o interese por esta terra se manteña e adquira trazos e personalidade propia.

Galicia conta coa materia prima; a Sociedade de Imaxe e Promoción Turística de Galicia S.A. (TURGALICIA), fai o resto. Conscientes da importancia dun turismo de calidade, crearon en  Centro Superior de Hostalería de Galicia (CSHG), entre outros fins para suplir a carencia de formación superior no sector hostaleiro.

Dende que en 1996 se graduou a primeira promoción, o CSHG converteuse en pouco tempo nun referente internacional e nacional no sector da hostalería. Para iso, dende os seus inicios, o centro contou coa colaboración da prestixiosa Ecole Hôtelère de Lausanne, EHL (Suíza), fundada en 1893, que axudou a definir a actividade académica do CSHG, adaptándoo á contorna actual.

Este centro educativo pretende formar os futuros directivos hostaleiros e xestores en cociña mantendo dende o primeiro momento o contacto real co medio de traballo. As enquisas aválanos, 1 de cada 3 antigos alumnos ocupan un posto directivo.

<< retorno