Gastronomia de Galicia 

Xabaril con castañas

Elaboración

Límpanse e córtanse en anacos grandes as verduras xunto coas especias do adubo e mestúrase todo nun recipiente co xabaril e o viño branco. Déixase macerar durante 4 días, dándolle voltas á carne cada 4 ou 5 horas e engadíndolle máis viño branco para que non seque.

Pasado o tempo de maceración (4 días), escórrese a carne e dóurase a lume lento nunha pota xunto cos dous liscos de touciño. Unha vez dourada a carne, engádeselle o viño tinto e déixase cocer durante unha hora e tres cuartos. Pasada unha hora e cuarto, engádenselle as castañas (frescas, mondadas e enteiras), deixándoas cocer aproximadamente media hora (cómpre ter coidado de que non se desfagan para a presentación).

Cando o xabaril estea cocido, retiramos as verduras do adubo e triturámolas, obtendo un puré.

ingredientes

  • 1 ½ kg de xabaril (a anacos)
  • 14 kg de castañas
  • Viño branco
  • Viño tinto
  • 2 liscos de touciño
  • Adobo
  • 3-4 dentes de allo
  • 4 cenorias
  • 2 cebolas grandes
  • 2 ramas de apio
  • 2 allos porros
  • Tomiño e perexil

<< retorno