Gastronomia de Galicia 

Carne «ao caldeiro»

Elaboración

Cortar a carne en catro partes e poñela no fondo dunha pota con anacos de unto enriba. Engadir unha pouca auga e quentar ata que se desfaga o unto. Despois, cóbrese con auga e, máis adiante, bótanselle as patacas enteiras. Cando vexamos que a carne está no seu punto, retíranse as patacas, córtanse e póñense como base da carne. Para acabar de elaborar o prato, poñer a carne por riba das patacas con algo do caldo da cocción e esparexer o pemento moído co aceite e un chisco de sal groso.

Pódese servir en pratos de madeira, como se fai co polbo «á feira».

ingredientes

  • 1 kg de carne da illarga e costela
  • 4 patacas grandes
  • Unto
  • Pemento moído picante
  • Aceite de oliva
  • Sal groso

relacionados

<< retorno