Gastronomia de Galicia 

Perdices estufadas recheas

Elaboración

Para o recheo, facer un amoado de xamón con cravo, pementa, perexil, piñóns ou castañas e viño branco.

Unha vez amasado, encher as perdices e atalas enteiras cunhas cordas. Frítense nunha pota con aceite e engádenselles a cebola cortada coas cenorias, os dentes de allo, o azafrán e o sal, ademais dun pouco de caldo, o loureiro co tomiño e o viño branco co chorro de vinagre. Deixar as perdices tapadas ao lume ata que estean brandiñas (uns 90 minutos aproximadamente). Logo,  rectifícase de sal e sérvese co mollo ligado por riba.

ingredientes

  • 4 perdices
  • 1 cebola
  • 2 cenorias
  • 4 dentes de allo
  • Loureiro
  • Azafrán
  • Tomiño
  • Pementa
  • Cravo
  • Perexil
  • Piñóns ou castañas
  • Xamón curado
  • Vinagre
  • Viño branco
  • Aceite de oliva
  • Sal

relacionados

<< retorno