Gastronomia de Galicia 

Cocido galego

Modo de preparación

Catro días antes: poñer o lacón a desalgar en auga fría e, a poder ser, nunha zona fresca para evitar que capte malos olores. É necesario cambiar a auga cada 24 horas.

Dous días antes: lavar coidadosamente toda a carne de porco (espiñazo, costela, cabeza, rabo, morros, orellas, etc.) e poñela a desalgar e hidratar tamén en auga fría, cambiando a auga ás 24 horas.

Un día antes: poñer a remollo os garavanzos.  

Elaboración

Póñense as carnes a ferver nunha pota ou ola con auga fría, contando con desalgalas previamente se teñen salgadura. Cando rompa a ferver a auga, incorporar os garavanzos, que se tiveron a remollo toda a noite. Deixar cocer todo a lume lento durante dúas horas, espumando continuamente o caldo. Pasado este tempo, retirar as carnes, que se manteñen quentes, e meter no caldo os chourizos, as patacas peladas e os grelos. Deixar os novos ingredientes do caldo trinta minutos máis ao lume, momento en que se comezan a sacar as fontes do cocido á mesa: as carnes quentes con caldo por un lado, e os garavanzos noutra fonte, cos grelos e as patacas.

Á parte da elaboración, no cocido cobra especial relevancia o modus operandi ou procedemento. Débense manter os grelos e as patacas sempre quentes e débese rematar a comida cunha boa cunca de caldo do cocido. Outro dos manxares deste prato é facer unhas filloas co seu caldo e engadilas ao banquete como acompañamento dos chourizos.

Agradecementos ao concello de Lalín

ingredientes

 

  • ½ Cabeza de porco curada
  • ½ Lacón curado (aprox. 1 kg)
  • Espiñazo (aprox. 1,5 kg)
  • 2 Rabos salgados (aprox. 250 gramos)
  • Touciño listado (aprox. 750 gramos)
  • Costela salgada enteira ou en tiras (aprox. 750 gramos)
  • 3 Fociños salgados
  • 5 Orellas salgadas
  • 5 Uñas salgadas
  • 10 Chourizos de Lalín
  • 5 Chourizos cebolleros
  • 4 Linguas salgadas
  • 1 Galiña de casa (aprox. 1 kg)
  • Tenreira: faldra ou xarrete (aprox. 750 gramos)
  • 2 anacos de graxa: (200 gramos)
  • Garavanzos (1 kg)
  • Grelos (6 mans de 1 kg cada un)
  • Patacas (aprox. 1,5 kg)

relacionados

<< retorno