Gastronomia de Galicia 

Callos á galega

Elaboración

Poñer en remollo os garavanzos o día anterior. Lavar ben os callos con auga fría e quente, ao mesmo tempo que se fregan con vinagre. Logo, poñelos a cocer, xa cortados, coa man de tenreira. Cando ferva a primeira auga, quitala e poñer unha nova; engadímoslle as cebolas cun cravo cada unha, o sal, o perexil, o chile e mais o touciño. Nunha pota á parte cócense os garavanzos e engádenselles aos callos cando estean cocidos, aproximadamente logo de dúas horas. Antes de que remate a cocción, nunha tixola con aceite faise un sofrito de cebola, pemento moído e fariña tostada. Agregámoslle un pouco caldo dos callos, deixamos que coza un pouco e despois vertémolo na pota dos callos, xunto co chourizo e os comiños. Deixar todo ao lume uns minutos máis para ter a punto os callos á galega.

ingredientes

  • 1 kg de callos
  • 1 man de tenreira
  • 1 chourizo
  • 1 anaco de touciño
  • 400 g de garavanzos
  • 2 cebolas
  • 2 cravos
  • 1 cabeza de allos
  • 1 ramallete de perexil
  • Comiño
  • 1 culleriña de fariña
  • Vinagre
  • Aceite de oliva
  • 1 chile pequeno
  • Sal
  • Pemento moído

relacionados

<< retorno