Gastronomia de Galicia 

Xurelo con loureiro

Elaboración

Limpar os xurelos. Facer catro caixas con papel de aluminio para poder pechalas co propio papel; tamén se pode usar un papel engraxado.

Introducir cada xurelo dentro da estrutura de papel, se se prefire xa fileteado e limpo de espiñas, e engadirlle a cada un a folla de loureiro, o dente de allo enteiro, uns grans de pementa, sal e a rama de tomiño. Pechar os paquetes, incorporando un chorro de aceite por riba de cada xurelo e metelos ao forno xa quente a forza media-alta durante 20 minutos.

Retirar os paquetes do forno, abrilos para servilos no prato e acompañalos do seu propio mollo.

Esta receita tamén é válida para as sardiñas, que precisarán menos tempo de cocción.

ingredientes

  • 4 pezas de xurelo
  • 4 follas de loureiro
  • Unhas ramas de tomiño
  • Aceite de oliva
  • 4 dentes de allo
  • Grans de pementa
  • Sal groso

<< retorno