Gastronomia de Galicia 

Suprema de pescada ao salmón afumado e queixo Arzúa-Ulloa sobre fondo de cogumelos

Elaboración

Estendemos 6 filetes de pescada e salpimentamos lixeiramente. Poñemos sobor destes as rebadas de queixo e salmón e cóbrense cos outros 6 filetes. Co aceite de oliva untamos unha fonte de forno e deitámos os filetes nesta, metemos ao forno medio alto (180 ºC) uns 3 minutos e deseguido botámoslles un chorro de Xerez seco.

Depositámolos en 6 pratos de presentación acompañados polos cogumelos salteados.

ingredientes (6 pers.)

Suprema de pescada ao salmón afumado e queixo Arzúa-Ulloa sobre fondo de cogumelos
  • 12 filetes de pescada
  • 6 "liscos" de salmón afumado
  • 6 rebadas de queixo Arzúa-Ulloa
  • 6 culleradas de cogumelos salteados
  • 2 culleradas de aceite de oliva virxe
  • Sal
  • Pementa
  • 1 copa de Xerez seco

relacionados

<< retorno