Gastronomia de Galicia 

Xoubas guisadas

Elaboración

O primeiro é lañar as xoubas (sacarlles a cabeza e as tripas) e pasalas por auga, movéndoas ben para que solten o groso da escama.

Nunha cazola -se pode ser de barro- poñemos un bo chorro de aceite e facemos un bo refrito coa cebola picada, o pemento cortado, o allo e o perexil machucado co sal e mais o tomate cortado en rodas. Cando a cebola estea branda, poñemos enriba as xoubas, regámolas ben con viño branco e deixámolo facer todo durante 4 minutos.

Este prato debe ir acompañado dunhas patacas cocidas á parte cun pouco unto e sal.

ingredientes

  • 1 ½ kg de xoubas pequenas
  • 2 cebolas
  • 2 tomates
  • 1 pemento verde e vermello
  • Allo e perexil
  • Sal
  • Viño branco
  • Aceite de oliva

relacionados

<< retorno