Gastronomia de Galicia 

Polbo á galega 'polbo á feira`

Elaboración

Coller un polbo fresco, lavalo ben e conxelalo. Tamén se pode adquirir xa conxelado. Este proceso aforra ter que mazalo ben.

Nunha pota poñemos auga a ferver cunha cebola enteira e pelada e, cando rompa a ferver, introducimos o polbo, agarrándoo pola cabeza e mergullándoo tres veces antes de soltalo. Deixámolo cocer ata que teña a textura desexada (aproximadamente 30 minutos). A seguir,  sacámolo e deixámolo escorrer e arrefriar un pouco, cortamos os tentáculos en anacos e dispoñémolos nuns pratos (se pode ser, de madeira). Engadímoslle o sal groso ao gusto, un bo chorro de aceite de oliva virxe e pemento moído doce ou picante, segundo nos guste. Tamén se pode acompañar cunhas patacas cocidas.

Este prato regado cun bo viño do Ribeiro branco ou tinto é unha auténtica delicia.

ingredientes

  • 1 polbo de 1 ½ kg
  • 1 cebola
  • Pemento moído picante ou doce
  • Aceite de oliva virxe
  • Sal groso

relacionados

<< retorno