Gastronomia de Galicia 

Castañas en caldo de azucre

Elaboración:

Guísanse as castañas con abundante auga ata que estean tenras. Escórrense e, cando estean frías, quítaselles a segunda pel.

Cando o caldo de azucre estea a punto de febra engádenselle as castañas. Manter o lume suave e remexer con coidado. As castañas estarán listas cando se poidan atravesar facilmente cunha agulla.

Sácanse do caldo de azucre e colócanse nos frascos onde se vaian conservar. O caldo de azucre restante férvese con dúas ou tres culleradas de ron e vértese sobre as castañas.

Para preparar o caldo de azucre:

Pesar as castañas. Por cada quilo de castañas faise un caldo con 1 kg de azucre  e 2 vasos de auga.

ingredientes

  • 1 Kg. de castañas peladas
  • 1 Kg. de azúcar
  • 3 cucharadas de ron

relacionados

<< retorno