Gastronomia de Galicia 

Marrón glacé

Elaboración:

Faise un pequeno corte nas castañas e póñense nunha pota con auga quente a escaldar uns 10 minutos. Móndanse as castañas quitándolles tamén a pel fina que as recobre con moito tento para que non rompan. Cócense nun litro de auga ata que estean tenras.

Entrementres, preparar un caldo de azucre con ¾ l de auga, o azucre e mais a vainilla nunha pota, e cocer este preparado durante 15 minutos a medio lume. Engadir as castañas e baixar o lume; deixar cocer 15 minutos máis. Sacar a pota do lume e deixar repousar as castañas durante un día enteiro.

Forrar a bandexa do forno con papel especial e dispoñer as castañas sobre el. Metelas no forno durante 20 minutos a unha temperatura de 125º ata que estean ben secas, e seguidamente deixalas arrefriar. Colócanse en capsuliñas de papel e xa se poden servir.

ingredientes

  • ½ kg de castañas
  • 400 g de azucre
  • 1 vaina de vainilla ou 2 culleres de azucre vainillada

<< retorno