Gastronomia de Galicia 

Melindres

Elaboración

Os melindres son un doce tipicamente galego. Son rosquillas moi pequenas ás que se lles dá brillo e glaseado con caldo de azucre.

Para facer a masa dos melindres mestúranse as xemas dos cinco ovos con tres claras, tres culleres de azucre, a copa de anís e a cantidade de fariña suficiente para que quede unha masa consistente que non se pegue aos dedos.

Déixase que a masa repouse e, namentres, prepárase un caldo de azucre con partes iguais de azucre e auga. Cando o caldo de azucre adquire unha consistencia melosa, retírase do lume, déixase que  amorne, incorpóranselle as dúas claras a punto de neve e únese todo ben. Coa masa dos melindres preparada previamente fanse unhas boliñas, esmáganse un pouco, fáiselles unha regaña no centro co dedo e frítense en abundante aceite.

A medida que se sacan os melindres do aceite, mergúllanse un a un no caldo de azucre, retíranse e déixanse secar sobre un papel engraxado.

ingredientes

  • 5 ovos
  • 1 copiña de anís
  • 14 l de auga
  • 3 dl de aceite
  • 200 g de fariña aproximadamente
  • 300 g de azucre  

<< retorno