Gastronomia de Galicia 

Bica

Elaboración

Bátese ben a mestura de manteiga, azucre, masa de pan, aceite e fermento en po ata obter unha pasta cremosa. Deseguido, engádenselle os ovos un a un e ao final incorpórase a fariña. Cómpre bater moito a mestura. Esparexer todo con azucre, poñer a masa nun molde rectangular e levalo ao forno a temperatura baixa (180º). Comprobar o grao de cocción picando na masa. (Adoita tardar uns 40 minutos).

ingredientes

  • 12 ovos de curral
  • 1 kg de azucre
  • 400 g de fariña
  • ½ kg de manteiga
  • ½ kg de masa de pan (cómprase en panaderías)
  • 2 sobres de fermento Royal
  • Unha culler de aceite

<< retorno