Gastronomia de Galicia 

Follas de limón

Elaboración

Mesturar primeiro o leite coa fariña; cando estea ben ligada a masa, unir cos doce ovos ben batidos. Separar en follas individuais cada rama de limoeiro.

Lavar e secar cun pano para introducir de unha en unha na pasta que acabamos de facer. Non hai que introducir toda a folla; con metela un pouco máis da metade será suficiente.

Pasar despois pola tixola chea de aceite ben quente. Deixar que se douren, retirar da tixola e extraer as follas.

Colocar as follas nunha fonte segundo se vaian facendo esparexendo con azucre.

ingredientes

  • ½ kg de fariña
  • ½ l de leite
  • 12 ovos
  • Aceite de oliva
  • Follas de limoeiro
  • Azucre

<< retorno