Gastronomia de Galicia 

Sobremesas de Entroido - flores

Elaboración

Disólvese a fariña no leite e bátense continuación os ovos para unilo todo. Unha vez feita a mestura, incorpóraselle a rela de limón e a copiña de anís, termínase de unir e déixase repousar. Entrementres, ponse a quentar nunha tixola fonda abundante aceite cunha pouca manteiga de porco.

Neste aceite quente introdúcese o molde elixido -o máis normal é un molde de flores ou de orellas- deixando que quente para metelo seguidamente na mestura, sen que esta cubra de  todo o molde. Pasar despois ao aceite quente esperando uns segundos a que a masa se desprenda do molde. Así que as flores están douradas, sacalas cunha espumadeira e colocalas nun papel secante para que escorran o aceite. Pasar finalmente as flores por azucre e presentar facendo unha torre.

ingredientes

  • 6 ovos
  • 0,250 kg de fariña
  • 0,250 l de leite
  • Rela de limón
  • 1 copiña de anís doce
  • Aceite de oliva
  • Manteiga de porco

<< retorno