Gastronomia de Galicia 

Filloas

Elaboración

Bater os ovos co sal e agregalos aos poucos, coa fariña, incorporando tamén o caldo e o leite. Cando estea a masa elaborada, incorporar o caldo e o leite.  Ligar ben todo. Pasar por un coador a outro recipiente e deixar repousar durante media hora en lugar fresco. Namentres, ter nese tempo unha tixola de ferro ou unha antiadherente no lume, cun garfo espetado no touciño, esperando para engraxar o fondo da tixola. Botar a cantidade xusta da masa de filloas na tixola e darlle a volta aos poucos instantes. Facer polo outro lado e colocar nun prato cando estea feita. Seguir ata conseguir unha torre, aínda que iso en ocasións coma o Entroido é case imposible...

Unha vez terminadas de facer as filloas, pódense preparar de moitas formas; dependendo do gusto de cada casa, pódense acompañar simplemente de mel e canela ou poden ir recheas de crema pasteleira quente e queimadas con azucre por riba.

Non se poden esquecer as filloas de sangue. Estas adoitan facerse no tempo de matanza (porco), momento en que son moi apreciadas.

Para elaboralas, poñer nunha cunca 500 gr de fariña, dúas cuncas de leite, dúas de caldo e unha de sangue, ademais de tres ovos. Traballar ben a pasta e deixar repousar. O proceso seguinte na tixola é o mesmo que no resto das filloas, acompañándoas tamén con azucre  ou mel.

ingredientes

  • 1 l de caldo limpo
  • 1 l de leite
  • ½ kg de fariña
  • Touciño
  • 8 ovos
  • Sal

festas

<< retorno