Gastronomia de Galicia 

Torta de roxóns

Elaboración

Facer a masa con fariña, fermento, auga morna e sal. Amásase ben para incorporar a seguir os roxóns, o azucre e a manteiga de porco.

Unilo todo ben, engadíndolle ao final a canela e mais o anís.

Estender a masa en varias tortas nunha placa de forno engraxada e meter ao forno a temperatura media ata que se fagan; isto é, cando empecen a ter unha coloración escura.

ingredientes

  • ½ kg de fariña
  • 15 g de fermento
  • 200 g de roxóns
  • 100 gr de azucre
  • 1 anaco de manteiga de porco
  • Canela
  • Anís
  • Sal

<< retorno