Gastronomia de Galicia 

Pementos de Padrón

Elaboración

Os pementos de Padrón son tamén coñecidos en Galicia como pementos de Herbón.

En Galicia sábese que o mellor tempo para consumilos é o que vai dende o mes de maio, cando aparecen os primeiros, ata finais de agosto. Neste período só pican algúns, cousa que forma parte do seu encanto.

Débense elaborar nunha tixola de ferro con abundante aceite quente. Cando collan cor, sacamos o aceite e engadímoslles sal groso abondo mentres se rustren. Sérvense de inmediato, sen lles quitar o rabo, cun pan bo e á expectativa de que uns piquen «e outros non».

ingredientes

  • 1 kg de pementos de Padrón
  • Aceite de oliva
  • Sal groso

relacionados

<< retorno