Gastronomia de Galicia 

Fritos de grelos

Elaboración

Cocer os grelos con auga e sal durante un cuarto de hora. Escorrelos e facer con eles un amoado con canela en po nunha proporción moderada. Batemos as claras e as xemas dos ovos á parte, unimos as claras coas xemas e incorporamos a fariña, de maneira que a masa quede esponxosa. Colocar unha tixola con abundante aceite ben quente. Para facer os fritos, poñer nunha culler un pouco do amoado dos grelos e incorporalo á masa de xeito que envolva o grelo; botalo en aceite quente e agardar a que reaccione como unha chula. Darlle a volta ao frito e, cando estea dourado, poñelo a secar nun papel de cociña antes de colocalo nun recipiente de servir. Ángel Muro, na súa receita, rebózao en fariña de novo antes de fritilo e, para rematar, colócao nunha tarteira con caldo e xema de ovo desleada e un pouco vinagre. Non fai falta dicir que a súa receita resulta deliciosa.  

ingredientes

  • 1 feixe de grelos
  • 4 ovos
  • 120 g de fariña
  • Aceite de oliva
  • Canela
  • Sal

relacionados

<< retorno