Gastronomia de Galicia 

Xenos recheos

Elaboración

Os xenos, tamén chamados bertóns, son os rebentos das coles ou da verza. Lávanse con abundante auga e despois pásanse por auga fervendo durante un minuto. Retíranse e quítaselle a parte máis dura do canote cun coitelo. Logo de termos todos os xenos preparados, reservámolos e comezamos a preparar o recheo, facendo unha base de cebola picada con allo, o touciño ben miúdo e o amoado mixto de carne. Cando o recheo estea morno, lígase cun ovo cru. A seguir, envolvémolo cos xenos coma se fosen paquetes pequeniños e, se é preciso, átanse con fío. Poñer a cocer durante 30 minutos dentro dun caldo cunha pouca manteiga de porco. Este caldo, tradicionalmente, é de pucheiro, así coma o amoado, que se facía coas carnes sobrantes do cocido.

ingredientes

  • 3 feixes de xenos
  • 400 g de vitela e porco picados
  • 100 g de touciño
  • 1 cebola
  • 2 dentes de allo
  • Perexil
  • 1 ovo
  • Aceite de oliva
  • Manteiga de porco
  • Sal

relacionados

<< retorno