Gastronomia de Galicia 

Ensalada de grelos

Elaboración

O grelo é un dos produtos máis  populares da cociña galega, ademais de ser un dos máis usados no seu receitario. Forma parte dunha das preparacións básicas desta cociña. Para elaborala, lávanse os grelos e retíranselles os canotos máis grosos, dándolles unha fervura. Deseguido, cámbiase a auga, salgámola e engadímoslle o unto. Cocer durante uns 15 minutos, sacar os grelos, poñelos nun escorredoiro e reservalos. Facer un sofrito cos allos laminados no aceite. Unha vez feito, poñer os grelos nunha fonte e servilos sos ou acompañados con pataca cocida, ovo duro e un rustrido de allo e aceite por riba.

ingredientes

  • 2 feixes de grelos
  • 4 dentes de allo
  • 2 patacas
  • 2 ovos
  • Aceite de oliva
  • 1 anaco de unto do tamaño dunha noz
  • Sal

relacionados

<< retorno