Gastronomia de Galicia 

Empanada de congro

Elaboración

Picar as cebolas e os pementos, botalos nunha pota e douralos.

Nun recipiente, mesturar o leite, a auga, o fermento, a manteiga e o sal. Despois, engadirlles a fariña e os ovos, amasando a pasta ata que se despegue dos dedos e da mesa. Deixala repousar durante 20 min e  tapar cun pano. Dividir a masa en dúas partes iguais e estendela sobre unha bandexa de forno previamente untada con manteiga. Despois, verter o recheo de cebola con pementos sobre a masa e colocar o congro en filetes ata encher toda a bandexa. Cubrir co resto da masa e beliscar ben os bordos da empanada. Cocer no forno durante 20 minutos.

ingredientes

  • 2 ½ kg de congro en filetes sen espiñas
  • 1 kg de fariña
  • 2 ovos
  • 50 g de manteiga
  • ¼ l de auga
  • 1 kg de cebolas
  • 2 pementos morróns enlatados
  • ½ l de aceite
  • 2 sobres de azafrán
  • Fermento e sal

relacionados

festas

<< retorno