Gastronomia de Galicia 

Pratos da cociña galega

Mariscos

Ostras fritidas

Elaboración

Abrir as ostras, tendo sempre coidado de deixalas enteiras e de cheiralas, unha por unha  segundo se van abrindo, para detectar se están frescas e retirar algunha se fai falta. Retirar, ademais, cada ostra da cuncha e colocala limpa nun papel secante.

Enfariñalas unha a unha coa fariña de millo fina. Colocar aceite nunha tixola cubrindo o fondo e, cando empece a tomar temperatura, ir colocando as ostras, dándolles a volta rapidamente. Retiralas e poñelas a escorrer nun papel de cociña. Servir inmediatamente para conservar a calor e que a temperatura non faga que se pasen do punto de cocción.

ingredientes

  • 16 ostras
  • 100 g de fariña de millo
  • Aceite de oliva

relacionados

<< retorno